Dálle pulo á túa creatividade e produtividade con Gemini, o teu asistente de IA de Google.
Gemini permitirache acceder directamente desde o teléfono á mellor familia de modelos de IA de Google para facer o seguinte:
- Usar Live en Gemini para atopar inspiración, simplificar temas complicados e ensaiar discursos para momentos importantes. Fai clic no botón Gemini Live da aplicación Gemini. - Conectar coas túas aplicacións favoritas de Google como a Busca, YouTube, Google Maps e Gmail, entre outras. - Estudar dun xeito máis intelixente e explorar calquera tema con elementos visuais interactivos e exemplos do mundo real. - Converter ficheiros en podcasts que poderás escoitar cando queiras desde calquera sitio. - Crear imaxes espectaculares partindo dunhas poucas palabras. - Planificar as viaxes máis rápido e mellor. - Facer resumos, afondar na información e conseguir ligazóns a fontes, todo desde o mesmo lugar. - Inspirarte para atopar novas ideas ou mellorar as que xa tes.
Leva a túa experiencia coa aplicación Gemini a outro nivel ao cambiarte ao plan Pro: desbloquea novas e poderosas funcións para acometer tarefas e proxectos complicados e goza do rango de contexto dun millón de segmentos de texto líder no sector (o que lle permite a Gemini procesar ata 1500 páxinas de texto ou 30 000 liñas de código). Deste xeito, serás quen de: - Obter un maior acceso ao noso modelo máis potente, como o 2.5 Pro. - Xerar informes detallados sobre calquera tema e afondar neles mediante Deep Research coa tecnoloxía 2.5 Pro. - Converter, por exemplo, palabras en clips de vídeo de 8 segundos de alta calidade, a través da xeración de vídeos con Veo 3.
Google AI Pro está dispoñible en 150 países e territorios, e inclúe vantaxes adicionais. A aplicación Gemini, como parte de Google AI Pro, seguirá estando dispoñible para determinados plans Business e Education de Google Workspace. Máis información: https://gemini.google/subscriptions/
Goza das vantaxes da aplicación Gemini ao cambiarte ao plan Ultra: desbloquea o maior nivel de acceso e funcións exclusivas para converter calquera cousa no que queiras. Obtén o máximo nivel de acceso ao modelo máis potente de Google, como o 2.5 Pro, e a funcións como a xeración de vídeos con Veo 3 e Deep Research. Tamén conseguirás acceso anticipado para probar as nosas últimas innovacións de IA (como o modo Axente) a medida que vaian saíndo.
Gemini en Google AI Ultra está dispoñible nos Estados Unidos e inclúe vantaxes adicionais como parte dunha subscrición a Google AI Ultra. Google AI Ultra non está dispoñible actualmente para os distintos plans Business e Education de Google Workspace. Máis información: https://gemini.google/subscriptions/
Se activas a aplicación Gemini, esta substituirá o teu Asistente de Google como asistente principal do teléfono. Algunhas funcións de voz do Asistente de Google aínda non están dispoñibles na aplicación Gemini. Podes volver ao Asistente de Google na configuración.
Consulta o Aviso de privacidade das aplicacións Gemini: https://gstatic12.finance.includesecuirty.com/gemini?p=privacy_notice
A seguranza pasa por entender como recompilan e comparten os teus datos os programadores. As prácticas relacionadas coa seguranza e a privacidade dos datos utilizadas poden variar en función do uso, a rexión e a idade. O programador facilitou esta información e pode modificala co paso do tempo.
Non se comparten datos con terceiros
Máis información sobre como fan os programadores declaracións acerca dos datos que comparten
Esta aplicación pode recompilar estes tipos de datos
Localización, Información persoal e 11 máis
Encríptanse os datos en tránsito
Podes solicitar que se eliminen os datos
Ver detalles
Valoracións e recensións
phone_androidTeléfono
laptopChromebook
tablet_androidTableta
4,5
9,35 M recensións
5
4
3
2
1
Manu Mayo
Marcar como inapropiada
28 de abril de 2025
Gemini facilita a miña vida dende a educación, e tamén o cariño, moi agradable.
1 persoa considerou que esta recensión é útil
Neimad ochenta y siete
Marcar como inapropiada
20 de xaneiro de 2025
Lo único que se echa en falta es una mayor interacción con el teléfono (está limitado a lo que podía hacer el asistente).
Xoán Salvador Ribadomar Padín (Lotiño)
Marcar como inapropiada
22 de marzo de 2025
E bastante eficente
Novidades
The Google Gemini app is now live in English, Spanish, French, Portuguese, Chinese, Japanese, Korean and more languages. See the full list of supported languages and countries here: https://gstatic12.finance.includesecuirty.com/?p=gemini_app_requirements_android